- Este evento ha pasado.
CAMPAMENTO DE VERÁN para XÓVENES
CAMPAMENTO DE VERÁN para XÓVENES
CONEXIÓN NATURA
Cinco días de convivencia
en grupo, creando unha
tribu coa que descubrir
experiencias novas,
coa que vivir momentos
inolvidables, de disfrute e
desconexión nun entorno
de Natureza.
¿A QUEN VAI DIRIXIDO?
Conexión Natura é un espazo
para as e os adolescentes e
xóvenes de entre 12 e 17
anos que teñen inquedanza
por coñecer xente nova, por
coñecerse a si mesmxs e
descubrir as súas
potencialidades, por disfrutar
dun ocio constructivo e/ou por
cambiar a súa realidade.
Tamén para aqueles/as que
gozan do contacto coa
Natureza; quen conectan coa
música, a danza e o
movemento; quen lles gusta o
ioga ou a meditación, para
aqueles/as que queren probar
novas experiencias ou para ti
que sentes curiosidade por
todo isto que estás lendo.
Un espazo de Encontro
– Rutas e actividades conscientes na Natureza.
– Ioga inspirado en Bowspring
– Biodanza
– Talleres de música e percusión
– Veladas, concertos e noites de improvisación artística.
– Talleres de sexualidade consciente
– Talleres de educación emocional
– Talleres de alimentación consciente
– Meditación, relaxación e atención plena
datas e lugares
Do 30 XUÑO AO 5 DE XULLO
para adolescentes de 12 a 17 anos
Na Casa da Terra, en Antas de Ulla
(entrada o 30 ás 20:00 e saída o 5 ás 17:00)
PREZOS
Inscricións antes do 15 de maio: 350 euros
Inscricións despois do 15 de maio: 390 euros
*Desconto do 10% por irmá/n
+INFO e INSCRICIÓNS
Teléfono: 659.553.938